Documentos A&C.

DECLARACIÓN DE INDEPENDENCIA DOS EEUU

Declaramos como evidentes estas verdades: que tódolos homes son creados na igualdade, e dotados polo seu Creador de certos dereitos inalienables, entre os que se atopan a vida, a liberdade e o dereito á felicidade. Que, para aseguraren estes dereitos, os homes crean gobernos que derivan os seus xustos poderes do consentimento dos gobernados. Que calquera outra forma de goberno que atente contra estes fins pode o pobo alterala ou abolila para instituir un novo Goberno, que teña o seu fundamento en tales principios e organice os seus poderes de tal xeito que pareza máis seguro mediante él acada-la seguridade e a felicidade. (…) Cando unha longa serie de abusos e usurpacións, tendendo invariablemente ao mesmo fin, sinala o designio de sometelos a un despotismo absoluto, é do seu dereito, é do seu deber, rexeitar tal goberno e prover á súa seguridade futura por novas leis. Tal foi a longa paciencia destas colonias e hoxe a necesidade que as obriga a cambia-lo seu antigo sistema de Goberno.

4 de xullo de 1776

A TOMA DA BASTILLA (14 DE XULLO DE 1789).

Comezouse por instar ao Gobernador, o marqués de Launay, a que rendese a fortaleza; os delegados (revolucionarios) situáronse entre as dúas pontes levadizas e, de seguida, o Gobernador fixo subi-las pontes e pecha-las portas, e comezou a disparar contra os delegados, que morreron todos ao instante. O pobo, daquela, rompeu furioso as cadeas das pontes levadizas, entrou en masa no primeiro patio da fortaleza malia os disparos, repitió o mesmo no segundo patio e entrou na fortaleza. O gobernador refuxiouse nunha das torres. Os cincuenta soldados que defendían a fortaleza rendéronse. As bandeiras puxéronse nas torres e os prisioneiros foron conducidos a mocadas á Casa do Concello entre os insultos do pobo, que berraba :”aforcádeos”.

Cegados á Casa do Concello, o marqués de Launay foi asesinado. Esa noite transcorreu entre medos e temores; nos pisos das casas amontoábanse pedra para lanzalas contra as tropas do rei.

Memorias do vizconde de Barras, 1789.

DECLARACIÓN DOS DEREITOS DO HOME E DO CIDADÁN.

A redacción deste documento é un dos acontecementos máis destacados da Revolución francesa. Baseado nos principios da Ilustración e influido pola revolución americana, a declaración foi difundida con milleiros de copias impresas e foi lida públicamente en tódalas localidades francesas. Traduciuse inmediatamente a a outros idiomas, e coñeceuse así por toda Europa a mensaxe da revolución.

Os representante do pobo francés, constituidos en Asamblea Nacional, (…) resolveron expoñer, nunca declaración solemne, os dereitos naturais, inalienables e sagrados do home (…):

Art., 1: Os homes nacen e permanecen libres e iguais en dereitos (…).

Art., 2: Os dereitos naturais e imprescriptibles do home (…) son a liberdade, a propiedade, a sefuridade e a resistencia á opresión.

Art., 3: O principio de toda soberanía reside esencialmente na Nación (…).

Art., 6: A lei é a expresión da vontade xeral (…).

Art., 10: Ninguén debe ser molestado polas súas opinións, incluso religiosas (…).

Art., 11: A libre comunicación dos pensamentos e das opinións é un dos máis preciosos dereitos do home (…).

Art., 13: Para (…) os gastos da administración é indispensable unha contribución común (que) debe ser repartida por igual entre tódolos cidadáns (…).

Anuncios

Deja un comentario

Aún no hay comentarios.

Comments RSS TrackBack Identifier URI

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s