Análise Formal de Arquitecturas Neoclásicas: O Capitolio de Washington.

1.- CAPITOLIO DE WÁSHINGTON: A arquitectura neoclásica tivo unha gran recepción nos Estados Unidos, xa que o novo país queria crear unha república imitando ás do mundo antigo. Un dos mellores exemplos desta arquitectura o encontramos no Capitolio (1793), edificado por Thornton e Bulfinch e ampliado posteriormente a instancias de Abraham Lincoln por Thomas Walter, quen ergueu a gran cúpula, rememorando a de Miguel Anxo no Vaticano, e engadiu as áas destiñadas ao Congreso e ao Senado.

A imaxe proposta corresponde a unha vista parcial e retranqueada, que recolle só a parte central e o arranque das áas deste edificio de grande unidade formal. No corpo inferior, as fachadas desprazan cara adiante o plano xeral, tanxencial en planta á proxección da base da cúpula, o corpo superior. Éste amósase estructurado en tambores, cúpula propiamente dita, e linterna cupuliforme coroada a súa vez pola estatua votiva en bronce da Libertade.

 

No corpo inferior, observamos, xunto as escalinatas que dan accesibilidade ás distintas partes do edificio, os seguintes elementos formais: Sobre un piso con función de zócalo, peralte ou podium, érguense os elementos sustentantes, pilastras ou columnas ( lisas e estriadas, respectivamente), constituidas por basas de molduras cóncavas e convexas, (toros e escocias, respectivamente), e por capiteis corintios de follas de acanto e volutas xónicas. Nos entablamentos, especialmente desenvolvidos a altura da cuberta, encontramos a arquitrabe, o friso e unha cornisa, todos son corridos sen decoración. A salientar como remate a balaustrada na súa función de privilexiar as liñas horizontais hexemónicas de toda arquitectura clásica ocultando o tellado. Con valor secundario, indicar o contraste nas fiestras do piso máis noble (en realidade son dous unificados polas pilastras) entre os frontóns triangulares do corpo principal e os semicirculares dos corpos laterais.

 

No corpo de desenvolvemento vertical, a secuencia dos tambores, que sosteñen a cúpula nervada con óculos ovalados nas interseccións, va dende o inferior liso ao superior con luces de arco de medio punto, articuladas por pilastras de fustes con relevos de motivos vexetais, pasando polo tambor intermedio, cun peristilo de columnas e cun entablamento semellantes ás da galería central do corpo horizontal.

 

RECAPITULANDO:

Arquitectura composta de corpo/volumen principal (con contraste do corpo inferior de desenvolvemento horizontal e corpo superior vertical) e corpos laterais, acentuando as liñas de estabilidade (o termo áas é moi expresivo).

 

FACHADA: Octástila, 8 columnas estriadas con basa (toro e escocia) e capitel composto (corintio con volutas xónicas). Sobre estos elementos sustentantes, o entablamento formado por arquitrabe e friso corridos sen decoración, e cornisa, que coroa un frontón triangular con timpano decorado en relevo; sen acrótera, nen antefixas.

 

CÚPULA: Varios tambores (o inferior liso e ciego prácticamente non visible, da paso a 2 tambores abiertos por luces con arcos de medio punto, aínda que só un rodeado por galería con peristilo de columnas xónicas; finalmente, a transición á cúpula propiamente dita, realizase a través dun anel reforzado por contrafortes. Ésta con nervios exteriores está alixerada por óculos ovalados e rematada nunha linterna cupuliforme con galería, que culmina cunha estatua femenina en representación da liberdade

Anuncios

Deja un comentario

Aún no hay comentarios.

Comments RSS TrackBack Identifier URI

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s