REVOLUCIÓNS NACIONAIS E DEMOCRÁTICAS 6º test

1.- As revolucións nacionais e democráticas” constitúe o epígrafe que mellor define os núcleos temáticos que caracterizan as transformacións políticas do s.XIX. O século comenzara coa orde imposta por Napoleón. A súa derrota militar en Waterloo (1815) significou o fracaso de toda a súa construcción política, que relacionamos co Congreso de Viena.

2.- O triunfo temporal do absolutismo ou a restauración das casas reinantes desposuidas por Napoleón xustificouse ideolóxicamente no principio de lexitimidade dinástica.

3.- A nova organización territorial europea que xurde en 1815, creada para reprimir os principios liberais, frustraba as aspiracións nacionalistas dos pobos europeos co mantenemento dos antigos imperios austríaco, ruso e otomano. Para consolidala pactouse unha coalición militar coñecida como Santa Alianza .

4.- O nacionalismo, rerforzado polo romanticismo, afirmaba o dereito dos pobos ao seu propio destino e a posuir un Estado de seu, o que xustificaba un espíritu de nacionalidade que non pode ser obra de individuos, como de feito tampoco o é a lingoa e a cultura e as tradicións.

5.- Derrotado Napoleón, os liberais europeos acharon como modelo á Monarquía inglesa, baseada na separación de poderes e no sufraxio censitario. Máis radicais, os demócratas defendían, xunto ó sufraxio universal a República.

6.- A primeira vaga revolucionaria na que confluiron liberais e nacionalistas produciuse en 1820. Moitas destas experiencias foron esmagadas pola forza militar dos exércitos absolutistas. Houbo unha excepción España.

7.- A Restauración borbónica en Francia, primeiro con Luís XVIII e logo con Carlos X, comenzou a cuestionarse tanto polo malestar político como polo económico que producían as xornadas de xullo de 1830.

8.- O triunfo dunha Monarquía Parlamentaria na Francia de 1830 serviu de estímulo dunha nova vaga revolucionaria que, aínda que só tivo éxito en Bélxica coa instauración da Monarquía Constitucional de Leopoldo I, se extendeu por Alemaña.

9.- A seguinte onda revolucionaria, a de 1848, tamén encetou en Francia. Estivo precedida por crises de subsistencia e do malestar político que provocaba o sufraxio restrinxido. A proclamación da II República proclamou a extensión do voto sen outro límite que a idade e o voto femenino.

10.- Tamén a República francesa foi exemplar aos ollos dos revolucionarios contemporáneos, extendendose o modelo como regueiro de pólvora polas principais capitais europeas. O éxito inicial deste movemento foi celebrado eufóricamente comoa “primavera dos pobos”.

11.- O triunfo dos republicanos moderados e a derrota do pobo de París en xuño de 1848, supuxo unha viraxe a favor da reacción no resto de Europa. As tres capitais do Imperio austríaco caen unha detrás da outra; nos referimos a Praga, Viena e Budapest.

12.- G. Mazzini , patriota italiano, participou en tódalas vagas revolucionarias da 1ª ½ do s.XIX. Autor do Manifiesto de Marsella de 1831 e do opúsculo “Italia, Austria e o Papa” de 1845, nas que defende as súas ideas republicanas e democráticas, é ademáis o líder da “Xove Italia” e da “República italiana.

13.- A. Humboldt, pioneiro da moderna xeografía, autor de Cosmos, obra de divulgación científica, foi un viaxeiro notable que percorreu as posesións españolas de América e Rusia. En Berlín foi entusiasta testemuña da revolución de 1848 o que lle valeu ser candidato do Parlamento de Franfort.

14.- No Congreso de Viena os 38 Estados alemáns, xunto con Prusia, foron integrados nunha Confederación Xermánica baixo a tutela de Austria. Pola súa parte, Italia aparecía menos fragmentada, pero sen nengunha estructura integradora; aquí, o protagonismo principal era compartido por Entre os 3 mencionados.

15.- O fracaso da revolución de 1848 nos Estados alemáns abriu a vía conservadora, a unificación baixo a hexemonía da monarquía prusiana, como aposta da burguesía, principal beneficiada polo Zollverein de 1834, é dicir pola unión económica do comercio alemán.

16.- En Italia, trala conversión de Piamonte nunha Monarquía parlamentaria, o liderazgo no proceso de unificación foi compartido pola diplomacia de Savoia e a praxe insurreccional dos “camisas bermellas” no Reino de Nápoles e Sicilia de Garibaldi.

17.- A unificación de Alemania e Italia entrecrúzanse en 1866 coa guerra austroprusiana e en 1870 coa guerra francoprusiana que obrigou a repatriar as tropas francesas que protexían os Estados Pontificios. Para Italia significaba completar a territorialidade.

18.- Fronte o proxecto unificador de Prusia exclusivamente belicista, o programa de Piamonte alternaba guerra e diplomacia. Gracias a ésta última déronse incorporacións por plebiscitos como o de Toscana.

19.- Otto von Bismarck, embaixador en Rusia e Francia, foi o primeiro ministro de Guillermo I de Prusia desde 1862. O autoritarismo das súas políticas interior e exterior valeulle o alcume de ”Chanceller de ferro”.

20.- Nun proceso de 30 anos a maioría das colonias españolas e portuguesas en América independizáronse das metrópoles. Aparte das influencias da Ilustración e da Revolución americana das colonias inglesas, hai que salientar o desexo de emancipación económica dos criollos.

Anuncios

Deja un comentario

Aún no hay comentarios.

Comments RSS TrackBack Identifier URI

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s