OS INICIOS DO MUNDO MODERNO 1º test

1.- DA IDADE MEDIA Á IDADE MODERNA, O NACEMENTO DO ESTADO MODERNO, O HUMANISMO, OS REIS CATÓLICOS, A EXPANSIÓN EUROPEA son epígrafes de UUDD que refiren as seguintes coordenadas espacio-temporais Europa desde a derradeira metade do s. XV.

 2.- 1453 é a data que corresponde cun feito histórico da magnitude da Toma de Constantinopla polos turcos e 1789 asociámola coa Revolución Francesa. ¿E 1492? Coa Conquista de Granada e final dun proceso multisecular e coa impresión da primeira gramática dunha lingua europea: o castelá.

 3.- A evolución lenta e complexa desde a Idade Media á moderna non está exenta de continuidade e permanencias. Por exemplo os mesmos grupos (campesiños e señores) e as mesmas relacións sociais.

 4.- A estabilidade ou crecemento moderado de finais do s.XV contrasta coas crises demográficas e económicas do s.XIV, que identificamos con/coa peste negra.

 5.- As cidades, poblacións de comerciantes e artesáns estaban baixo o goberno da burguesía. Principalmente, en Italia e tamén en Flandes.

 6.- A economía urbana, básicamente comercial, impulsou unha grande circulación monetaria: Entre os mecanismos de financiación salientan as letras de cambio.

 7.- Un primeiro paso na construcción do Estado moderno foi a creación da Monarquía autoritaria, fundada na lexitimidade dinástica, é dicir a vixencia dos dereitos de goberno dunha Casa Real.

 8.- Os instrumentos do novo Estado moderno serán o exército permanente, a burocracia e a diplomacia. Por burocracia entendemos funcionarios profesionais e técnicos especializados en leis.

 9.- O poder do rei no Estado Moderno estaba íntimamente asociado ao saneamento da Facenda real e éste ameazado polas resistencias das legalidades prestablecidas pola tradición o papado e os parlamentos medievais.

 10.-Entre os mecanismos de financiación do Estado destacaron os impostos sobre a propiedade non nobiliaria e as taxas sobre os intercambios comerciais. Sen embargo, a racionalización da recadación impideu o emprego de débeda bancaria.

 11.- O movemento intelectual que coñecemos como humanismo, renacentista respecto da cultura grecolatina, ten como trazo principal un indivualismo que evolucionou a partir da afirmación dos dereitos humanos.

 12.- A principal beneficiaria da renovación do saber sobre a base da dignidade do home e consecuentemente da confianza na súa intelixencia foi a ciencia.

 13.- A cultura como símbolo de prestixio favoreceu o desenvolvemento das artes a través das prácticas de mecenazgo ; é dicir de patrocinio dos artistas e do coleccionismo das súas obras.

 14.- Factor da renovación cultural foi, sen dúbida, a invención da imprenta que permiteu a circulación das obras literarias. Non menos importante era a consideración que, como lingua internacional, tiña o español.

 15.- O matrimonio de Isabel de Castela e Fernando de Aragón significou a unión de reinos moi diferentes nun proxecto de convivencia con vixencia de 5 séculos. As diferencias eran de tamaño territorial e de poboación e non as menores as políticas.

 16.- A partir do respecto as identidades institucionais propias de cada reino constátase unha maior influencia de Castela na política interior e de Aragón na política exterior, que se resume no aillamento de Francia.

 17.- A política relixiosa favorable á renovación de ordes relixiosas (intelectual e moral) e centrada no control da Igrexa co nomeamento real de cargos eclesiásticos (control ideolóxico) atopou interlocutores tan relevantes como o cardeal Cisneros.

 18.- A política de exclusión relixiosa na monarquía hispánica como no resto de Europa respostaba as necesidades de cohesión social e de orden publica do novo Estado e tivo a través da Inquisición como principal destinataria no século XV á comunidade xudía.

 19.- O impulso desde o s.XV de rutas alternativas ao comercio medieval de especias e obxetos de luxo, tivo como motivación a expansión do imperio turco e como actores as monarquías ibéricas e os Estados con maior capacidade financieira.

 20.- As exploracións marítimas de finais do s. XV reflicten unha política cautelosa dos Estados, da que é unha bóa mostra o Tratado de Tordesillas (1494). Namentras, o descubrimento europeo de América por Colón e a expedición de Magalhâes-Elcano determinarán un choque total na visión do mundo polo encontro inesperado de novas civilizacións.

Anuncios

Deja un comentario

Aún no hay comentarios.

Comments RSS TrackBack Identifier URI

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s